Navia de Suarna acollerá o sábado, 30 de novembro, a II Extreme Suarna

A iniciativa está organizada pola asociación deportiva 'Navia de Suarna off road' e conta co apoio da Xunta
Presentación-Extreme-Suarna-Navia-de-Suarna-2024
25 Nov 2024

Navia de Suarna acollerá o próximo sábado 30 de novembro a II Extreme Suarna, unha ruta polos montes do Concello a bordo de motos, quads e vehículos ATV.

A iniciativa está organizada pola asociación deportiva Navia de Suarna off road e conta co apoio da Xunta. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación xunto co presidente da entidade promotora, Xavier Sarille, e representantes doutras institucións implicadas.

A xornada conta cunhas 200 persoas inscritas procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias, Castela e León e Cantabria. Percorrerán entre 80 e 90 quilómetros de camiños que a organización leva meses limpando e acondicionando para a celebración da proba.

As actividades comezarán a partir das 7,30 horas coa recollida de dorsais. Os vehículos sairán a partir das 8,30 de forma escalonada. A programación culminará cunha cea, sorteos e animación musical.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19736886024475