Navia de Suarna acolleu as xornadas 'Soster o noso. O patrimonio cultural do rural'

A deputada Iria Castro, que interviu nunha mesa redonda, agradeceu a iniciativa do CCG de traer á montaña lucense este foro sobre patrimonio rural
Consello-da-Cultura-Galega-Navia-de-Suarna
15 Nov 2024

O Consello da Cultura Galega organizou en Navia de Suarna as xornadas 'Soster o noso. O patrimonio cultural do rural', nas que participou a deputada de Cultura, Iria Castro.

A deputada, que interviu nunha mesa redonda á que estaban convocadas distintas administracións, agradeceu a iniciativa do CCG de traer á montaña lucense este foro sobre patrimonio rural e expuxo as distintas liñas de colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co tecido asociativo do rural, como fórmula para fomentar e apoiar a participación social activa na divulgación e na protección do patrimonio, nomeadamente do patrimonio inmaterial.

A responsable provincial tamén destacou a ubicación rural do Pazo de Tor en Monforte ou do Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, integrados na Rede Museística Provincial de Lugo da área de Cultura que asume o seu funcionamento e mantemento, suplindo unha tarefa que correspondería á Xunta de Galicia, que ten as competencias en patrimonio.

Neste sentido, Castro subliñou que a responsabilidade das administracións sobre os seus ámbitos de competencia é fundamental para o desenvolvemento eficaz de políticas públicas tamén no eido da cultura e constatou as dificultades que os concellos máis pequenos teñen para dedicar recursos a políticas culturais cando están asumindo o financiamento de servizos como o Servizo de Axuda no Fogar pola falta de recursos da administración galega e estatal.

0.21101713180542