Navia de Suarna celebra a súa Festa do Ovo Roto con Chourizo o 12 de xullo

A parroquia de Alargo, en Navia de Suarna, prepárase para unha nova edición da súa xa popular Festa do Ovo Roto con Chourizo, unha cita gastronómica e musical que se celebrará o venres 12 de xullo a partir das 19:00 horas.
Organizada pola Comisión de Festas de Navia de Suarna, a festa ofrecerá un apetitoso menú composto por patacas, chourizo e ovo roto, acompañado dunha bebida, cun prezo de 10 euros.
A animación musical correrá a cargo de DJ Francis, que será o encargado de poñer ritmo ao "tardeo", nun ambiente pensado para gozar da boa comida e da festa ao aire libre.
Os organizadores do evento contan cunha alta participación veciñal e de visitantes, atraídos pola combinación de gastronomía tradicional e música festiva.