Navia de Suarna recupera a Festa da Androlla o 27 de febreiro
O Concello de Navia de Suarna volve a recuperar a celebración da súa Festa da Androlla, esta cita gastronómica que por mor da pandemia non se puido celebrar o ano pasado, cumpre neste 2022 a súa 30 edición.
A festividade terá lugar o vindeiro 27 de febreiro e nel exaltarse este produto típico da zona. Os stands terán a venda chourizos, queixos, morcillas e produtos artesáns de ourivaría, etc.
O programa aínda está por completar aínda que nas edicións anteriores a festa comezaba cun pasa rúas, había degustación de androlla na praza... Este ano seguiranse as recomendacións sanitarias impostas no momento e tan só se cancelará se a situación pandémica así o esixira.
ANDROLLA
A androlla é un embutido elaborado coa tripa grosa do porco que se enche de costela, touciño e coiros. Todo isto adóbase con pemento doce ou picante, allo, ourego e sal. É un produto moi parecido ao butelo xa que tan só cambia a tripa.