Negueira de Muñiz acollerá unha conferencia escénica con Brigitte Vasallo sobre identidade e memoria colectiva

O Concello de Negueira de Muñiz será escenario este luns dunha conferencia escénica conducida pola escritora e investigadora Brigitte Vasallo, que se desenvolverá o luns 18 de agosto de 11.00 a 13.00 horas na Área Recreativa da Veiga.
A iniciativa, enmarcada baixo o título 'Laboratorio', propón un espazo de diálogo entre fillos e fillas da diáspora e da terra, co obxectivo de explorar como se constrúe e se expresa a identidade, a memoria e o futuro colectivo.
A actividade, de carácter gratuíto e con prazas limitadas, invita á participación de persoas interesadas en compartir experiencias e perspectivas arredor da súa vinculación coa terra e as súas vivencias migratorias. As inscricións poden formalizarse a través do correo electrónico queixavive@gmail.com.