Negueira de Muñiz celebra o 22 de novembro a súa Festa de Outono con música e gastronomía local

O municipio organizará un menú especial en tres establecementos e sorteará unha cesta con produtos da zona, ademais dunha verbena con música tradicional
castanas-magosto
1 Nov 2025

Negueira de Muñiz prepara unha celebración especial para dar a benvida ao outono o vindeiro 22 de novembro cunha proposta gastronómica e musical que buscará dinamizar o municipio e poñer en valor a súa oferta local.

A xornada arrancará ás oito da tarde cun menú de outono servido de forma itinerante por tres locais: Casa Sidrón en Pieiga será a encargada do primeiro prato; Casa Vizcaín, situada en Negueira de Muñiz, ofrecerá o segundo; e Casa Sara, tamén no municipio, completará a proposta coa sobremesa. A organización indicou que o menú será de balde coa consumición en cada establecemento.

A festa continuará a partir das dez da noite cunha verbena amenizada por Tania e o seu acordeón, que porá ritmo a unha noite pensada para reunir veciñanza e visitantes.

Xa á medianoite, celebrarase un sorteo dunha cesta con produtos típicos da zona, para o que será necesario selar un folleto nos tres locais participantes. Estes documentos poderán recollerse en Casa Sidrón e deberán entregarse en Casa Sara para entrar no sorteo.

⚙ Configurar cookies
0.07801079750061