Negueira de Muñiz facilita á veciñanza o bus ata a feira da Fonsagrada

O Concello de Negueira publica un bando coa información acerca dos buses para chegar á Fonsagrada nas feiras quincenais.
negueira de muñiz
14 Xul 2022

O alcalde de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña Pereda, vén de asinar un bando municipal no que informa de que os veciños da localidade que o desexen, poden solicitar o servizo de transporte a demanda ata A Fonsagrada durante as feiras quincenais que se celebran nesta vila (primeiro e terceiro sábados do mes).

Para solicitar dito transporte é preciso chamar, en horario de luns a venres, de 08.00 a 18.45 horas, ao número de teléfono 988 687 800 ou tramitar a solicitude a través da páxina web https://www.bus.gal/gl. O custo total do servizo é de 6 euros (5,4 euros si conta con tarxeta de transporte).

O autobús sairá o día da feira ás 09.00 horas dende a Casa Consistorial de Negueira de Muñiz, e poderán coller o de regreso ás 13.30 horas na parada de bus da Fonsagrada.

0.10323095321655