Neireo proclamouse gañador do VII Concurso de Tapas do Concello de Baleira

O VII Concurso de Tapas do Concello de Baleira chegaba ao seu fin cunha destacada participación dos bares e restaurantes locais, que ofreceron o mellor da súa gastronomía aos asistentes.
Tras unha xornada chea de sabores, creatividade e boa cociña, o gañador indiscutible deste ano foi Neireo, que se alzou co primeiro posto tras obter 574 puntos.
O segundo posto foi para Moneda, con 547 puntos, seguido de Marronda, que ocupou a terceira posición con 497 puntos. Ademais, O Recuncho d' Vane recibiu unha mención especial ao quedar no cuarto posto con 448 puntos.
Este evento anual segue consolidándose como unha das citas máis agardadas polos amantes da gastronomía local, e este ano, os participantes demostraron o seu gran talento culinario, levando a calidade das tapas a un nivel superior.
O Concello de Baleira agradece a todos os participantes, ao xurado e, por suposto, aos asistentes, que gozaron dunha iniciativa chea de sabor e tradición.