Nenos e nenas do HULA reciben os xoguetes da campaña da Garda Civil

LugoXa
Isabel Rodríguez destaca a solidariedade da Garda Civil durante a entrega de xoguetes aos nenos e nenas ingresados en Pediatría do HULA
garda civil reparto xoguetes nenos
31 Maio 2023

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, participou onte en Lugo na campaña solidaria que promove a Comandancia da Garda Civil lucense, en colaboración coa asociación de antigos alumnos da Garda Civil, de entrega de xoguetes aos nenos e nenas ingresados no servizo de Pediatría do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Acompañada do tenente coronel, Julio Javier González Chás, e do xerente do centro, Ramón Ares, así como profesionais da benemérita e sanitarios, Isabel Rodríguez destacou o éxito desta iniciativa, na que participaron tanto empresas como particulares, permitindo a doazón de xoguetes novos por valor de 1.000 euros.

“Puidemos compartir uns minutos con estes pequenos que agradecen moito este tipo de xestos, senten o apoio de todos nestes momentos difíciles para eles, facendo máis amena a súa estancia no hospital”, manifestou a subdelegada quen destacou que esta actividade enmárcase nas accións dirixidas aos colectivos máis vulnerables que as Forzas e Corpos de Seguridade levan a cabo durante todo o ano.

Durante a visita, os axentes da Garda Civil explicaron aos máis pequenos as súas funcións e exhibiron os medios que utilizan a diario para desempeñar o seu traballo, como vehículos, motos e cans do servizo cinolóxicos, entre o que se atopaba o primeiro can de raza autóctona galega integrante desta especialidade.

0.10031199455261