Néstor Rego interésase en Monterroso polo estado da gandaría trala suba de prezos

LugoXa
O deputado do BNg no Congreso, Néstor Rego, viaxou onte ata Monterroso para interesarse polo estado do sector gandeiro trala suba de prezos
Nestor Rego Monterroso Gandaría
4 Xuño 2022

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visitou diversas explotacións no concello de Monterroso para comprobar, de primeira man, o estado da gandaría ante a suba de prezos e a crise de materias primas. O deputado da cámara baixa estivo acompañado polo responsable local do BNG en Monterroso, Brais Vázquez e diversos militantes e simpatizantes da organización nacionalista na comarca da Ulloa.

“Os insumos, como poden ser os cereais ou a subida da luz e o dos carburantes, están incrementando os custos de produción, e a isto, hai que sumarlle a tendencia á baixa dos prezos” destacou Nestor Rego ante a situación que están a padecer os produtores.

Ante este contexto, o deputado sinalou que o BNG impulsou diversas iniciativas para garantir o cumprimento da cadea alimentaria “é preciso que se faga efectivo o contido da Lei da Cadea Alimentaria, por isto desde o BNG impulsamos iniciativas para que se cumpra e se asegure aos produtores que non vendan por debaixo do custo de produción”

Neste senso, o deputado nacionalista destacou que nas iniciativas rexistradas no Congreso apsotan pola introdución de parámetros técnicos para fixar prezos “existen mecanismos como poden ser os estudos que realizan os observatorios ou as universidade para poder fixar un prezo de referencia, e así, garantir que os produtores non vendan por debaixo do custo de produción”

0.2021951675415