Nicole Grueira presenta os postos 3 e 4 da lista coa que aspira á Alcaldía de Pol
A candidata á alcaldía, Nicole Grueira, presenta os postos 3 e 4 da súa lista, coa que aspira a “conseguir o cambio que precisa Pol”. Neste sentido, Grueira destaca que a lista é renovada, con xente nova, pero tamén con experiencia.
O número 3 da lista recae en María Graña, veciña da parroquia de Caraño, licenciada en periodismo e un exemplo de muller emprendedora. “É unha muller valente, humilde e sobre todo, moi cercana coa xente. Sempre está disposta a colabora e axudar no que faga falta e non dubidou nin un segundo en unirse a este novo reto”.
Pola súa parte, Graña di: “únome a este proxecto porque Pol necesita un cambio de rumbo que lle permita evolucionar. Creo que é necesario dar os pasos axeitados e deixar de lado o estancamento actual ao que se ve sometido o municipio, co fin de seguir medrando e acadando oportunidades para os seus habitantes. Pol é un concello grande con gran potencial, pero o cal fai falta fomentar e desenrolar para acadalo. Así unha das medidas máis importantes é a aprobación do PXOM co cal se vai poder dar cabida á novas urbanizacións e estructuración do terreo”.
No número 4 figura Noelia Gigán Grandela, unha rapaza que comezou o seu contacto coa política coas Xuventudes Socialistas de Lugo pero que terminou descontenta coa forma de traballar e co seu proxecto e asegura que “gardo bos recordos e foi unha etapa maravillosa, onde os coñecementos que obtiven válenme hoxe para desempeñar e defender o proxecto ao que estou vinculada”. Ademáis, subliña: “non encaixaba moito nas ideas de ninguén, pero apareceu Nicole e contaxioume as súas ganas de cambiar a dirección na que camiña Pol”.
En canto aos asuntos que Gigán cre que merecen especial atención, está o rural e xente maior: “xa é hora que devolvamos aos nosos avós e a xente que coidou de nós toda a vida o tempo e a adicación que nos amosaron”. Por outra banda, resalta a necesidade de mellorar as vías do concello como unha maneira de mellor a conexión e a mobilidade.