'No Nadal xogamos pola Igualdade' a campaña que fomenta os xoguetes non sexistas

LugoXa
Un Nadal máis a Concellería de Muller e Igualdade  pon en marcha a súa campaña para fomentar os xogos e xoguetes non sexistas.
28 Dec 2022

Un Nadal máis a Concellería de Muller e Igualdade  pon en marcha a súa campaña para fomentar os xogos e xoguetes non sexistas. Tal e como explicou a concelleira, a finalidade desta campaña é concienciar á veciñanza e promover a igualdade de oportunidades dende idades temperás para que as nenas e nenos poidan decidir sobre os xogos e xoguetes que máis lles gustan sen que a súa elección teña connotacións de xénero.

Baixo o lema No Nadal xogamos pola Igualdade, a campaña apela á responsabilidade das familias á hora de escoller os regalos para os máis pequenos e pequenas da casa. Nela, recóllense diversas indicacións para elixir os mellores xoguetes, como por exemplo que sexan seguros e acordes á idade, libres de prexuízos sexistas, que desenvolvan todo tipo de habilidades, que propicien o xogo cooperativo ou que desenvolvan a creativiadade, entre outras.

Paralelamente, a campaña serve para difundir a guía Xogamos pola Igualde, que ediou a Casa da Muller do Concello de Lugo, dispoñible na páxina web municipal.

A Concellería está levando a cabo accións de sensibilización na rúa e tamén entregou material da campaña nos colexios do municipio e nos programas municipais Aulas Abertas e Aprende Xogando.

0.16015100479126