Noa Ulloa Vázquez, da Escola Shihan de Karate, recoñecida como deportista galega de base

LugoXa
A actual campioa galega de Kumite cadete menos de 54 kg destaca tamén polo seu quinto posto no Campionato de España
Noa-Ulloa-Vazquez-Escola-Deportiva-Shihan-Lugo
17 Jul 2025

A karateka Noa Ulloa Vázquez, integrante da Escola Deportiva Shihan de Karate, vén de ser distinguida co recoñecemento de Deportista Galega de Base. O nomeamento chega como recoñecemento á súa traxectoria deportiva, consolidada cunha destacada actuación a nivel autonómico e estatal.

Noa Ulloa é actualmente a campioa galega de Kumite na categoría cadete menos de 54 quilos, un título que confirma a súa progresión no panorama do karate galego. Ademais, a deportista da Escola Shihan acadou un meritorio quinto posto no Campionato de España na mesma categoría, situándose entre as mellores competidoras a nivel nacional.

Este recoñecemento supón un impulso á súa carreira e un aval ao traballo desenvolvido tanto pola propia deportista como pola Escola Shihan, que continúa formando novos talentos no karate galego.

⚙ Configurar cookies
0.17893195152283