Nomean a nova xunta provincial da Asociación contra o cancro de Lugo

O Consello Nacional da Asociación Española Contra o Cancro presidido por Ramón Reyes, nomeou a José Manuel Rozas Bello como novo presidente da Asociación na provincia de Lugo. Sucede a María Luz Abella García, quen desenvolveu un gran labor durante nove anos á fronte da Asociación.
Unha vez aprobado o nomeamento, a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo presenta o seu novo Consello Provincial. Ábrese así unha nova etapa na provincia de Lugo "para seguir avanzando e crecendo, dando continuidade ao traballo xa realizado polo anterior Consello Provincial, co obxectivo de superar o 70% de supervivencia no ano 2030. Unha oportunidade para abordar as novas realidades sociais do cancro na nosa provincia e as emerxentes necesidades das persoas con cancro e familiares."
Para alcanzar este obxectivo, o novo Consello Provincial traballará nas seguintes liñas estratéxicas:
- Acompañar e apoiar ás persoas con cancro e as súas familias atendendo as súas necesidades, creando un modelo de Humanización, onde se contemple unha atención integral ao paciente que mellore o seu benestar e calidade de vida desde o diagnóstico e durante todo o proceso.
- Mellorar a equidade sinalando que todas as persoas son iguais #ante o cancro, independentemente do seu lugar de residencia, condición económica ou calquera outra circunstancia persoal.
- Impulsar a investigación oncolóxica, co obxectivo de converternos nunha entidade de impacto social, financiando investigación de calidade en cancro e impulsando innovacións para mellorar o diagnóstico e conseguir resultados concretos en tratamentos contra o cancro.
- Consolidarnos como a entidade líder no apoio ao talento investigador, desde os seus inicios na universidade ata a consolidación dos investigadores como referentes internacionais.
- Fomentar hábitos de vida saudables poñendo o foco nos principais factores de risco como o tabaco, ampliando novos espazos libres de fume para evitar ata o 50% dos casos de cancro.
- Apoiar as medidas Antitabaco e á Lei Antitabaco para conseguir unha xeración libre de fume de tabaco no ano 2030.
- Fomentar a participación cidadá para seguir avanzando no diagnóstico precoz incrementando e mellorando os programas de cribado dispoñibles e impulsando novos cribados.
- Fortalecer a nosa organización territorial para chegar a máis poñendo a mirada tanto no ámbito rural como en todas aquelas persoas con cancro que teñan dificultades para recibir a nosa axuda. Estas liñas estratéxicas están recollidas no novo Plan Estratéxico 2025-2028 da Asociación Española Contra o Cancro cun gran propósito: liderar á sociedade española para diminuír o impacto do cancro e mellorar a vida das persoas.
Estes obxectivos non os podemos cumprir sós, necesitamos a axuda de toda a sociedade, do seu compromiso, apoio e sensibilización, porque os retos do cancro aféctannos a todos.
Durante os próximos catro anos como presidente provincial da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, José Manuel Rozas Bello estará acompañado por profesionais de diferentes perfís que serán voluntarios da Asociación:
- Vicepresidenta: Cristina Asunción Fente Sampayo, catedrática de Nutrición e Bromatoloxía da USC. Académica Correspondente da R. Academia Farmacia de Galicia.
- Secretario: Ángel Varela Fidalgo, avogado. Licenciado en Dereito e Xornalismo.
- Tesoureiro: José Daniel Botana Rodríguez, funcionario de Facenda da Xunta de Galicia.
- Vicetesorero: Teresa Valcarce Álvarez, funcionaria xubilada da Xunta de Galicia.
- Vogais: Branca Isabel Távara Silva, oncóloga Médica no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Edgar Amando Cloos Fernández, maxistrado xubilado da Audiencia Provincial de Lugo. Manuel Ángel Barros González, xefe de Servizo de Consumo dá Xunta de Galicia. Académico correspondente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia. Ángela Mourín Capón, funcionaria na Deputación Provincial de Lugo. Miguel García Suárez, exxogador do Club Deportivo Lugo e vinculado ao mundo editorial educativo.