Nova axuda da Secretaría Xeral para o Deporte para reforzar a seguridade no Societario de Cazadores Terra Chá

LugoXa | TerraChaXa
A entidade recibe máis de mil euros para adquirir un desfibrilador semiautomático co que mellorar a protección nas súas actividades.
desfibrilador-incio
14 Nov 2025

O Societario de Cazadores Terra Chá vén de ser beneficiario dunha axuda concedida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, segundo a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). A achega, que ascende a 1.015,43 euros, forma parte da liña de subvencións PR949A destinada á adquisición de equipamento deportivo para clubes, sociedades anónimas deportivas e federacións.

A entidade investirá esta contía na compra dun desfibrilador semiautomático, un dispositivo que permitirá reforzar a seguridade e a protección da saúde cardiovascular en todas as actividades que promove a sociedade. Grazas a este equipamento, garantirase unha resposta rápida e eficaz ante posibles urxencias cardíacas durante competicións, adestramentos, reunións, asembleas e outros encontros sociais vinculados á actividade cinegética.

Desde o Societario destacan a importancia desta iniciativa institucional, que cualifican como un paso adiante na mellora das condicións de práctica deportiva e no benestar dos seus socios e participantes.

⚙ Configurar cookies
0.072261095046997