Nova campaña de Lugocentrum para fomentar o comercio local
O Centro Comercial Aberto LugoCentrum e a Asociación de Autónomas de Lugo presentaron a súa nova campaña para fomentar o comercio local.
A iniciativa Quero que me entendas. Comercio Fest desenvolverase durante o mes de setembro e inclúe accións de comercio na rúa e o reparto de tíckets entre os clientes das tendas asociadas para participar en actividades de ocio e sorteos que se desenvolverán os xoves pola tarde na praza Maior.
Programación
Cada tarde, entre as 17.00 e as 20.00 horas, na Praza Maior, haberá un evento no que terán dereito a participar todas as persoas que aporten un ticket previamente facilitado polas tendas asociadas. As actividades serán as seguintes:
- Zona Free Cocktails: haberá unha zona de barra onde a xente poderá refrescarse das súas compras co “Lugocentrum Cocktail“ fit e alcol free, que lles será servido nun vaso biodegradable coa imaxe da campaña.
- Zona Comida: tamén haberá un carro de flocos de millo e outro de algodón de azucre, onde os participantes se poderán levar algo para comer sen custo algún presentando os tickets.
- Zona Sorteo: habilitarase unha urna onde, ao longo da tarde, a xente poderá acudir co seu ticket cuberto e participar nun sorteo. Cada tarde, no fin de festa sortearanse tres tarxetas de 100€ cada unha (vales a achegar polo cliente).
De 18:00 a 19:45 horas, un grupo musical poñerá o broche final á xornada de compras, e o último xoves, día 23 de setembro, a maiores das actividades descritas antes, haberá: un toro mecánico para todas as idades; un DJ, no templete da Praza, que amenizará o evento durante toda a tarde (de 17.00 a 20.00 horas); e, finalmente, a última hora, un grupo musical (de 20.00 a 21.30 para logo facer o sorteo).