Nova edición do concurso fotográfico Estampas de Paz e Acougo

LugoXa
O concurso fotográfico Estampas de Paz e Acougo celebra unha nova edición na que se poderá participar entre o 18 de outubro e o 3 de novembro
Concurso Fortografico estampas de paz e acougo
15 Out 2022

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou unha nova edición do concurso de fotografía Estampas de Paz e Acougo, organizado anualmente polo Goberno de Lugo. Cristina López destacou que “este concurso é xa unha cita marcada no calendario das fotógrafas e fotógrafos de Lugo e na programación anual do cemiterio”.

O VIII Concurso de Fotografía Estampas de Paz e Acougo  terá lugar do 18 de outubro até o 3 de novembro. Dentro do arte funerario, na súa máis amplia expresión, a temática versará sobre a simboloxía das construcións funerarias e do patrimonio inmaterial que incorporan relacionadas coa carga emocional que transmiten, así como a especial visión da morte nos cemiterios rurais.

Está edición o ámbito xeográfico será o Concello de Lugo, abranguendo tanto o Cemiterio Municipal de San Froilán como os cemiterios parroquiais existentes.

Cada participante poderá participar con un máximo de tres fotografías inéditas e orixinais e presentaranse de forma impresa en soporte ríxido e un formato de 30x40 centímetros. Cada imaxe ira acompañada dun título  ou dun texto para incluir nun posible catálogo ou recopilatorio de máximo de 20 palabras en galego.

Haberá un total de tres fotografías premiadas con 600, 400 e 200 euros cada unha.

0.1908130645752