Nova xornada de Comercio na Rúa en Lugo para dinamizar o comercio local

Este martes, 27 de maio, terá lugar unha nova xornada de Comercio na Rúa, unha iniciativa de continuidade organizada pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Lugo.
Nela participan máis de 70 establecementos da capital lucense adheridos á Federación, que poden sacar os produtos á rúa nesta xornada e estarán debidamente identificados cunha banderola da campaña, polo que serán perfectamente visibles para os clientes.
O obxectivo de Comercio na Rúa é achegar o comercio local ao consumidor, poñendo en valor o sector e dinamizando o consumo.