Nova xornada de recollida de sinaturas do ‘Lugo quere tren!’

LugoXa
O Bloque Nacionalista Galego continuou esta fin de semana recollendo sinaturas dentro da campaña 'Lugo quere tren!'.
Lugo quere tren
9 Maio 2022

O Bloque Nacionalista Galego continuou esta fin de semana recollendo sinaturas dentro da campaña Lugo quere tren!. A campaña dos nacionalistas busca “poñer a Lugo no mapa dos servizos ferroviarios, rematanto con anos de recortes e eliminacións de servizos”, dixo o responsable local do partido, Felipe Rivas.

O BNG colocou a mesa de sinaturas, na tarde de onte, na estación de autobuses da capital, achegando as propostas a todas as persoas que collían un autobús.

O BNG iniciou esta campaña o pasado mes de novembro cunha concentración. Durante a campaña participaron, nas distintas actividades, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o deputado nacionalista no congreso do estado, Néstor Rego.

O responsábel local do BNG afirmou que “é preciso dotar Galiza de servizos ferroviarios dignos, con conexións interiores útiles pensadas para conectar ás galegas e galegos”.

O BNG defende o ferrocarril como o medio de transporte do futuro, apostando pola transición enerxética e a mobilidade sostible. Felipe Rivas afirmou que “a chegada do AVE a Galiza só supuxo que agora sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela”.

0.21936321258545