Nova zona de concentración parcelaria en Becerreá
O Diario Oficial de Galicia publica un decreto da Consellería do Medio Rural polo que se declara de utilidade pública unha nova zona de concentración parcelaria no concello de Becerreá.
Así, este novo decreto de concentración parcelaria declárase mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción.
Precisamente, cabe sinalar que este proceso foi solicitado por titulares de explotacións e apoiados polo Concello. Na parroquia de Becerreá, hai un total de 22 explotacións de aí a necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da zona.
A través destes procesos vaise a mellorar a estrutura territorial da zona que implica unha superficie total de 441 hectáreas repartidas en 1.871 parcelas propiedade de 142 veciños.