Novas caras no CD Lugo
A vindeira tempada preséntase con novas caras para o CD Lugo. Trala marcha de Albés, o equipo albivermello acordou a incorporación do asturiano Hernán Pérez como adestrador do primeiro equipo. Así, Pérez chega ao club logo dunha crecente traxectoria no fútbol estatal. Tras xogar como futbolista, foi adestrador no CD Lealtad, pasou pola estrutura deportiva do Real Oviedo, e dirixiu os persoais de UP Langreo, Barakaldo CF, Unionistas de Salamanca CF e, recentemente, o primeiro Xuvenil do Real Madrid.
Segundo destaca o club, o novo preparador do CD Lugo é garantía de compromiso e de traballo. Deixa un legado importante tras de si de mellora continuada e crecemento en todas as etapas desenvolvidas ata o momento. Xunto a el, incorpóranse ao club Clemente Sánchez (Segundo adestrador), e Adriá Díaz Valverde (Analista).
Hernán Pérez presentouse onte como novo adestrador. O asturiano, acompañado do director deportivo, Carlos Pita, agradecía a acollida ao club e ao Presidente.
CD LUGO B
Caras novas tamén no CD Lugo B. O filial albivermello estrará a vindeira tempada cun novo adestrador. Roberto Trashorras, que ata o momento era técnico do Xuvenil B, asume así unha nova responsabilidade no equipo que estrea categoría en 2º RFEF tralo ascenso acadado esta tempada.