O derrubamento do viaduto do Castro, no Senado

LugoXa
A subdelegada do Goberno supervisa co alcalde de Pedrafita as medidas para garantir a seguridade viaria ante o aumento do tráfico na vila
Pedrafita
15 Xuño 2022

O senador lucense, Cesar Mogo avanzou hoxe que rexistrou unha iniciativa no Senado, concretamente unha pregunta escrita, coa que se interesa polos prazos e a renaudación da circulación na A-6 ao seu paso polo concello de Pedrafita do Cebreiro, tralo derrubamento do viaduto do Castro.

Cásar Mogo explica que “o derrubamento dun viaduto do Castro na A-6, nas inmediacións de Pedrafita do Cebreiro, cortou o tráfico durante unhos quilómetros, nesta importante vía de conexión entre Galicia e a Meseta.

En función da información que dispón, o Goberno ten unha análise das causas que provocou este colapso?. Fíxose algunha previsión sobre o tempo estimado de duración das obras de substitución do viaduto, así como da reanudación da circulación na A- 6?”.

E por último, os socialistas queren saber “si o Goberno ten previsto realizar algunha actuación especial nos quilómetros de itinerario alternativo á A-6, mentres están en marcha as obras de reparación?”.

Pola súa banda, os deputados no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro tamén preguntarán á Cámara Baixa “se o Goberno ten previsto realizar algunha actuación especial nos quilómetros de itinerario alternativo á A- 6, mentres están en marcha as obras de reparación?. E que soluccións se están estudando co fin de minimizar os problemas de mobilidade neste tramo?”.

SEGURIDADE VIARIA

Noutro senso, o alcalde de Pedrafita, José Luís Raposo, reuníuse hoxe coa subdelegada do Goberno para supervisar as medidas de seguridade implantadas na localidade para garantir a seguridade viaria no municipio ante o aumento do tráfico que se rexistra na vila ao desviar pola N-VI todos os vehículos que circulaban, antes, pola A-6.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou esta mañá que o Goberno “non escatima esforzos para minimizar no posible os problemas ocasionados polo corte ao tráfico da A-6 debido ao derrubamento do viaduto do Castro”.

A subdelegada do Goberno e o alcalde destacaron a eficacia que están a ter as medidas implantadas na última semana tanto pola Dirección Xeral de Tráfico como polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Así mesmo coincidiron na necesidade de conxugar a fluidez do tráfico coa imprescindible seguridade de peóns e condutores.

Ata o momento, se instalaron dous paneis informativos, en ambos extremos da travesía, tanto en sentido A Coruña como Madrid, que advirten aos condutores, así como sinalización luminosa do límite de velocidade a 40 km/h e da posible presenza de peóns na calzada.

Doutra banda, situaronse uns bolardos á beira da calzada nas proximidades da Casa do Concello para impedir o estacionamento de vehículos que reste visibilidade aos que traten de incorporarse á N-6 nesa zona. Ademais, a Garda Civil de Tráfico realiza controis de velocidade na zona.

cesar mogo senador psoe lugo
0.20171189308167