Novas Xeracións entregou a Cruz Vermella os xoguetes recollidos na súa campaña

LugoXa
Dende Novas Xeracións de Lugo entregáronse os máis de 200 xoguetes novos á Cruz Vermella que se recolleron na campaña benéfica de recollida de xoguetes impulsada o pasado 4 de decembro.
30 Dec 2023

Dende Novas Xeracións de Lugo entregáronse os máis de 200 xoguetes novos á Cruz Vermella que se recolleron na campaña benéfica de recollida de xoguetes impulsada o pasado 4 de decembro.

Desde Novas Xeracións búscase, así, "humanizar a política e concienciar da cantidade de nenos que non poden gozar do Nadal". O seu presidente, Santi Amedo, sinala a campaña como “un verdadeiro éxito” e engade que “puxémonos un obxectivo de 70 a 100 xoguetes e xuntamos máis do dobre”.

0.083858966827393