Novas Xeracións impulsa unha campaña de recollida solidaria de alimentos

LugoXa
Con esta campaña pretenden “apoiar o importante labor do Banco de Alimentos reforzando as provisións para este Nadal"
Campaña-recollida-alimentos-NNXX-Lugo
12 Dec 2024

Novas Xeracións do Partido Popular da provincia de Lugo impulsa unha campaña de recollida solidaria de alimentos neste Nadal en colaboración co Banco de Alimentos de Lugo.

Os responsables da organización provincial de Novas Xeracións convidan aos lucenses a participar nesta campaña solidaria coa que pretenden “apoiar o importante labor do Banco de Alimentos reforzando as provisións para este Nadal: queremos que todas aquelas persoas que o precisen, dispoñan de alimentos por estas datas”.

Esta campaña enmárcase dentro das actividades coas que a formación político - xuvenil pretende ser parte activa da sociedade lucense; neste caso, apoiando unha causa solidaria.

As persoas interesadas poden aportar as súas doazóns na sede do Partido Popular da provincia de Lugo de luns a venres de 09.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas para ser, posteriormente, trasladadas ao Banco de Alimentos ata o luns 30 deste mes de decembro.

⚙ Configurar cookies
0.059963941574097