Nove funcionarios toman posesión do seu cargo na Deputación
LugoXa
O presidente da Deputación presidiu a toma de posesión do cargo de nove funcionarios que entrarán a formar parte da Deputación.
24 Maio 2022
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este martes na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos a toma de posesión de nove traballadores e traballadoras da institución provincial, tres deles como funcionarios de carreira e seis como interinos.
O persoal levará a cabo as súas funcións nos servizos de Recadación e Inspección Tributaria, Unidade de Proxectos, Contabilidade e Contas, Granxa Gayoso Castro e Portería. Durante o acto, tamén estivo presente a Secretario Xeral da Deputación de Lugo, José Antonio Mourelle Cillero, e o Xefe da área de Recursos Humanos, Jesús Arrizado.