Novo curso de rexistros akashicos, curación chamánica e decretos en Ikigai
O Centro Holístico Ikigai ofrecerá os días 19 e 20 un curso sobre rexistros akashicos, curación chamánica e decretos. A formación correrá a cargo de Rocío Pereiro Domínguez e para máis información e realizar as reservas haberá que contactar no número 696 629 696.
O módulo 1 dividirase en diferentes temas: os chakras corpóreos e extracorpóreos, a radiostesia con baleas e péndulos, planos etéricos, os animais de poder, coñece os teus guías, meditación de subida, terapia chamánica: subidas, entes, vidas pasadas, karma, maxia e limpeza enerxética.
O módulo 2 estará centrado na terapia chamánica a un mesmo e aos demais, limpeza de casas ou locais, lectura de rexistros con preguntas e respostas, decretos, lectura e decretos a un mesmo e a outras persoas.
Águeda Fernández convida a xente a que se apunte xa que se trata “dunha formación que aportará crecemento persoal e espiritual. Podes utilizar tódolos coñecementos adquiridos para sandarte a ti mesmo ou para axudar a outras persoas na súa curación e no seu desenvolvemento espiritual”.