Novo curso de sensibilización viaria dirixido a toda a poboación lucense de entre 18 e 55 anos

LugoXa
El ayuntamiento de Lugo ofrece un nuevo curso de sensibilización vial sobre drogas, móvil y alcohol a todo el público de entre 18 y 55 años.
novos lobos espectaculo inacio vilarino
31 Mar 2022

O Concello de Lugo a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude, activa unha campaña de educación e sensibilización viaria no marco do programa +Xti.

Dirixida a toda a poboación lucense de entre 18 e 55 anos, a iniciativa desenvolverase desde abril ata xuño de 2022. A actividade se presentará aos diferentes centros educativos, centros de menores, asociacións lucenses, etc. co obxectivo de informar e sensibilizar acerca dos riscos do uso de drogas ou móbiles ao volante.

A campaña inclúe doce cursos de 3 horas e media sobre sensibilización viaria con exercicios prácticos sobre como actuar en caso de accidente (sen límite de participantes). Dous cursos de 4 horas sobre os perigos do alcol, móbil e drogas ao volante (12 participantes por curso) e catro cursos de 1 hora sobre sensibilización viaria impartido por un formador da DXT (sen límite de participantes).

Os interesados deberán enviar mail a prevenciondrogas@lugo.gal.

0.19812798500061