Novo curso gratuíto de Prevención de Riscos Laborais para a mocidade desempregada de Lugo
LugoXa
Nuevo curso gratuito para los jóvenes lucenses de Prevención de Riesgos Laborales en el sector de la construcción y metal.
13 Abr 2022
O Concello de Lugo ofrece a posibilidade a dez desempregados de Lugo, de entre 18 e 40 anos, de participar nun novo curso gratuíto de Prevención de Riscos Laborais no sector da construción e metal.
A formación, impartirase nas instalacións de Formación Zertín (Polígono do Ceao), e terá lugar, tanto de forma online coma presencial. A actividade, que é gratuíta, ten como finalidade sensibilizar sobre os diferentes tipos de risco que poidan darse no ámbito laboral, así como proporcionar ensinanzas prácticas para desenvolver, primeiros auxilios.
As inscricións pódense realizar desde o luns 18 de abril ata o día 20 do mesmo mes, a través da web lugomasxti.org.
HORARIO DO CURSO
- Sábado, 30 de abril, das 08 ás 15.00 h
- Sábado, 07 de maio, das 08 ás 15.00 h
- Sábado, 21 de maio, das 08 ás 14.00 h