Novo derrubamento do viaduto do Castro, na A6
O viaduto do Castro volveu colapsar esta tarde, a escasos metros do lugar onde se derrumbou hai apenas nove días. Malia que todavía non se coñecen as causas de ningún dos dous derrumbamentos, hai uns días falábase de "problemas ocultos" na propia estrutura ou mesmo de que fose unha consecuencias das obras que se están a levar acabo dende hai un ano. Hipóteses que, polo momento, non están confirmadas.
A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, confirmaba en twitter, esta tarde o derrubamento dun novo treito deste viaduto do Castro, e explicou que se "priorizará a seguridade de todas as persoas mantendo desviado o tráfico da A-6, no seu km 432 pola N-6".
Segundo indican diversas fontes o colapso da ponte tivo lugar pouco despois das 18.30 horas desta tarde.
Neses intres, distintos representantes do BNG se atopaban no lugar, onde lle reclamaban ao Estado unha solución "urxente" para a situación que se estaba a vivir. Foi Rubén Arroxo, tenente alcalde de Lugo, quen deu a voz de alarma dende o seu twitter, onde escribiu "Concelleir@s da comarca estamos en Pedrafita e xusto agora acaba de caer outro vano do viaducto. O BNG imos presentar unha moción no pleno da Deputación para instar ao Estado o rápido arranxo".