Novo éxito da Feira de Entroido de Nadela, patrocinada pola Tenencia de Alcaldía

LugoXa
Rubén Árroxo, acompañado de outros ediles do goberno municipal, visitou os postos de venta da feira tradicional
feira-entroido-nadela
23 Feb 2025

A Tenencía de Alcaldía do Concello de Lugo apoia a nova edición da Feira de Entroido de Nadela que se celebra na parroquia lucense. Rubén Árroxo, acompañado de outros ediles do goberno municipal, visitou os postos de venta da feira tradicional. Para facilitar o desprazamento ata a Feira de Entroido de Nadela, a área de Mobilidade habilitará un servizo especial de bus urbano para conectar o centro da cidade con Nadela.

A Tenencia de Alcaldía colabora tamén coa feira elaborando unha exposición fotográfica sobre a historia deste evento. Trátase de 40 fotografías recollidas por veciñas e veciños de Nadela, que van desde os anos 20 ata os anos 70, e que se poderán ver o sábado na carpa da feira.

Cristina López destacou o carácter tradicional desta feira que "ofrece unha variedade de exposición e venda de produtos da nosa terra". Para a concelleira, "as feiras de produtos tradicionais desempeñan un papel crucial na preservación da cultura e o patrimonio, ao tempo que fomentan o comercio local e a sostibilidade". Ademais, lembra Cristina López, ofrecen ás persoas que as visitan a oportunidade de coñecer tradicións arraigadas e produtos auténticos.

⚙ Configurar cookies
0.16688799858093