Novo retraso para o desdobramento da avenida Infanta Elena

LugoXa
Non te quedes atrás en canto á información. Ponte ao día e entérate de todas as novas que afectan ao teu concello
avenida infanta elena lugo
22 Xan 2021

A Deputación de Lugo acordou resolver o contrato coa adxudicataria das obras de desdobramento e humanización da avenida Infanta Elena da capital debido a que a empresa incumpriu obrigas contractuais esenciais. Tamén aprobou a incautación da garantía definitiva, por importe de 42.594,08€.

En concreto, segundo determinan os informes dos técnicos provinciais, a adxudicataria, Obras, Pavimentos e Instalaciones Industriales SL (OPAIN, SL), incumpriu a “obriga contractual esencial de elaboración e presentación en tempo e forma do Plan de Seguridade e Saúde, co obxecto de ser informado e aprobado pola Administración antes do reformulo ou implantación, e do inicio da obra”, o que “constitúe causa de resolución de contrato de conformidade co estipulado na cláusula 22.2 do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, e en aplicación do establecido no artigo 211.1.f da Lei de Contratos do Sector Público”.

O acordo de resolución do contrato das obras da avenida Infanta Elena por causas  imputables ao contratista que foi adoptado pola xunta de goberno da Deputación prodúcese despois de que o mesmo órgano provincial acordase o pasado 6 de novembro iniciar o inicio do procedemento para a resolución. O contratista presentou alegacións, que foron desestimadas. Agora, darase traslado da proposta de resolución ó Consello Consultivo de Galicia para a emisión do seu preceptivo informe.

A  Deputación lembra que a solicitude de resolución do contrato imputable á administración provincial que presentou a empresa o pasado mes de novembro foi inadmitida.

A institución provincial achega 1,4M€ para o proxecto de desdobramento e humanización da avenida Infanta Elena a través dun convenio de colaboración co Concello de Lugo, en base ao que tamén se ocupa da contratación e da execución das obras, que volverá a licitar en canto conclúa o actual expediente de resolución. A Deputación aprobou en Pleno unha addenda a este convenio, que amplía o seu prazo de vixencia ata o 30 de setembro de 2024.

0.19004416465759