Novo servizo de atención temperá en Becerreá, Baralla, As Nogais e Navia de Suarna

Os concello de Baralla, Becerreá, As Nogais e Navia de Suarna inician un Servizo de Atención Temperá para apoiar o desenrolo infantil
portada
29 Ago 2022

Os concellos de Baralla, Becerreá, As Nogais e Navia de Suarna inician un servizo de atención temperá co obxectivo de apoiar o desenrolo infantil e a inclusión socio familiar dos nenos e nenas de 0 a 6 anos que o precisen.

Este programa levarase a cabo mediante a realización de intervencións preventivas e asistenciais de atención temperá dirixidas ó propio neno ou nena, a súa familia e o seu entorno a través dun equipo formado por psicóloga, logopeda e mestre psicomotricista.

Este novo servizo busca dar unha atención personalizada, axustada e flexible a aqueles nenos e nenas con trastorno no desenvolvemento ou en risco de padecelo facilitando a súa autonomía e inclusión social.

300967888_626257845518969_4239719612559659464_n
0.21059679985046