Novos avances na renovación da rede de alumeado público

LugoXa
O Goberno de Lugo avanza na renovación da rede de alumeado público con novas intervencións en doce rúas da cidade
Alumeado publico
28 Oct 2022

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a executar unha nova actuación de actualización na rede de alumeado público municipal. En total, 153 luminarias de 12 rúas da cidade, “o que permitirá avanzar na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente”.

O Goberno de Lugo está a renovar as luminarias da rúa Montevideo, Betanzos, Ramón Cabanillas, Castro Gil, Ourense, Pontevedra, Tui, Carril da Estrela, Rúa Vella da Ponte e Acea de Olga, no treito entre o Agro da Torna e o Canil. En total, trátase de 153 luminarias, que na actualidade empregan elementos contaminantes como Vapor de Sodio, e que pasarán a ser luminarias LED.

O consumo enerxético anual do Concello de Lugo verase reducido en 59.230,4 kWh, permitindo que Lugo avance na implantación dun alumeado eficiente en toda a cidade. Penas lembrou que a concellería de Infraestruturas investiu, nos últimos anos, máis de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público, instalando luminarias de baixo consumo e aplicando a perspectiva de xénero.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17920303344727