Novos traballos de mantemento no aparcadoiro do HULA para mellorar as instalacións

LugoXa
Se están realizando trabajos de mantenimiento en el aparcamiento del HULA para garantizar una mejora en las instalaciones.
aparcadoiro hula ruben arroxo alexandre penas
3 Jan 2022

O concelleiro de infraestruturas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a realizar unha nova actuación de mantemento no aparcadoiro municipal do HULA, “unha actuación necesaria que planificamos para realizar en distintas épocas do ano para garantir o bo funcionamento desta instalación”.

A concellería de infraestruturas realiza distintas actuacións de mantemento do aparcadoiro municipal en distintas épocas do ano “sempre tendo en conta a previsión meteorolóxica para garantir a mellor calidade no traballo realizado”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “os mantementos céntranse na parte frontal do aparcadoiro, a que máis tráfico recibe cada día”. O edil de Infraestruturas lembrou que “o aparcadoiro ten unha extensión de 5.020 metros, un total de 360 prazas de estacionamento entre a parte frontal e a traseira”.

O concelleiro explicou que "o espazo de aparcamento gratuíto habilitado polo Concello supón un aforro para as veciñas e veciños de máis de 600.000€ anuais, calculando a cantidade de vehículos que esta infraestrutura pode acoller durante cada xornada".

O aparcadoiro municipal do HULA acolle, cada día, 2.520 horas de estacionamento gratuíto, un total de 604.800 horas nos 240 días hábiles do ano, o que supón 604.800€ de aforro, calculando a hora de estacionamento a 1€. Desde o Goberno de Lugo calcúlase o aforro tendo en conta unha ocupación media de 7 horas en cada unha das prazas de estacionamento.

O concelleiro de infraestruturas destacou que "unha das primeiras actuacións que realizamos coa nosa chegada ao goberno foi a mellora desta infraestrutura, para facilitar que toda a veciñanza poida aparcar de xeito gratuíto preto do hospital". Alexandre Penas destacou, entre as actuacións necesarias, a diferenciación da zona de circulación e estacionamento, ademais da colocación de cartelería informativa e valados para ordenar o estacionamento, evitando que se formen atascos por vehículos mal estacionados.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15066409111023