O 10 e 11 de febreiro o Concello de Becerreá organiza unha festa de Entroido
LugoXa
O Concello de Baralla e a Asociación Airiños do Neira organizan unha festa de Entroido o vindeiro día 19 de febreiro
22 Xan 2024
O vindeiro sábado 10 e domingo 11 de febreiro o Concello de Becerreá organiza unha festa de Entroido con concurso.
O concurso de disfraces será o sábado 10 e desenvolveranse na praza do Concello e comezará ás 17.30 horas con saída desde o Centro social habendo pasacalles ata chegar á praza. O domingo 11 será o desfile infantil a partir das 17.30 horas no pavillón.
Haberá premios á mellor comparsa, mellor disfraz individual, mellor parella. A festa estará amenizada por un dúo musical.
Todos os asistentes poderán gozar dunha cea de Entroido por un prezo de 20 euros agás os nenos de 6 a 12 anos que pagarán 12 euros, e os menores de 12 anos gratis.