O 11 de xuño celebrase unha nova edición do mercadillo de cousas usadas do Corgo
O domingo 11 de xuño a asociación Os cinco ríos organiza unha nova edición do mercadillo de cousas usadas no Corgo que se celebrará xunto a cámara agraria a partir das 10.00.
Nesta ocasión o mercadillo contará ademais cunha exposición de coches de rally de pilotos do Corgo coa presencia de Pedro Reija, Luis Sanfiz, Adrián Fernández, David Jacob e Iago Álvarez.
Ás 13.30 celebrarase un sorteo dunha cesta donada polo Café Andaina e repartiranse rifas gratis.
As persoas interesadas en levar algo para vender deberán inscribirse a través do teléfonos 686 625 657 (Chousa), 670 833 909 (Manolo) ou 648 063 894 (Mari Carmen) e dende a organización solicitan a todas as persoas que xa asistiron noutras ocasión que confirmen asistencia.
Durante a xornada haberá postos de polbo.