O 21 de novembro colocarase a estatua en memoria das víctimas da Guerra Civil no cemiterio de Lugo

LugoXa
A Tenencia de Alcaldía conta co escultor Álvaro de la Vega para a realización desta escultura, que se está a realizar en granito, "e que contará cun importante simbolismo"
estatua-homenaxe-Guerra-Civil-cemiterio-de-Lugo
11 Nov 2024

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron o taller do artista Álvaro González de la Vega, onde viron os avances realizados na imaxe coa que a Tenencia de Alcaldía lembrará no Cemiterio Municipal a todas as persoas represaliadas durante a Guerra Civil e a Dictadura.

Rubén Arroxo explicou que "dedicaremos un espazo destacado do Cemiterio Municipal á memoria, un espazo de lembranza para todas as persoas que sufriron as consecuencias de pensar diferente".

A Tenencia de Alcaldía conta co escultor Álvaro de la Vega para a realización desta escultura, que se está a realizar en granito, "e que contará cun importante simbolismo, aumentando a riqueza patrimonial do Cemiterio Municipal", afirmou o Arroxo.

Así, anunciou que o acto de colocación terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro a partir das 17.00 horas no Cemiterio Municipal. "Garantimos que as familias vítimas da represión teñan antes da final deste ano unha zona onde lembrar aos seus familiares asasinados de forma inxusta polo franquismo".

0.18425703048706