O 26 de novembro terá lugar unha nova xornada de Comercio na Rúa en Lugo

LugoXa
Nela participan máis de 70 establecementos da capital lucense adheridos á Federación, que poden sacar os produtos á rúa nesta xornada
comercio-na-rúa-lugo
23 Nov 2024

O vindeiro martes, 26 de novembro, terá lugar unha nova xornada de Comercio na Rúa co obxectivo de achegar o comercio local ao consumidor, poñendo en valor o sector e dinamizando o consumo.

Esta iniciativa de continuidade, que se desenvolve o último martes de cada mes, está organizada pola Federación de Comercio de Lugo en colaboración coa área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais do Concello de Lugo.

Nela participan máis de 70 establecementos da capital lucense adheridos á Federación, que poden sacar os produtos á rúa nesta xornada e estarán debidamente identificados cunha banderola da campaña, polo que serán perfectamente visibles para os clientes.

⚙ Configurar cookies
0.11421298980713