O mércores terá lugar a primeira reunión do club de lectura de Fillos do Chaira

TerraChaXa | LugoXa
O vindeiro mércores 27 de setembro, terá lugar a primeira reunión do club de lectura de Fillos do Chaira de Rábade, que consistirá nunha serie de encontros mensuais sobre lecturas non longas e para todas as audiencias e gustos.
club de lectura fillos do chaira portada
25 sep 2023

O vindeiro mércores 27 de setembro, terá lugar a primeira reunión do club de lectura de Fillos do Chaira de Rábade, que consistirá nunha serie de encontros mensuais sobre lecturas non longas e para todas as audiencias e gustos. Será ás 20.00 horas na cafetería Asador Coto Real.

Desde a organización lembran que para ese día non hai nada que ler, xa que unicamente van presentarse, falar da dinámica do club e votar pola primeira lectura.

club de lectura fillos do chaira
0.18177700042725