O 4 de xaneiro celebrarase o tradicional Concerto de Nadal 2025 en Castroverde

O Concello de Castroverde convida a toda a veciñanza a participar no tradicional Concerto de Nadal 2025, que terá lugar o sábado, 4 de xaneiro, ás 19.00 horas na igrexa parroquial de Castroverde.
Este evento contará co recital de panxoliñas a cargo da Asociación Cultural e Musical Zuncurrundullo, que encherá o templo de melodías propias destas datas, nunha noite chea de emoción e espírito festivo.
O concerto conta coa colaboración da Deputación de Lugo e da Unidade Pastoral de Castroverde, reforzando o compromiso da comunidade coa cultura e a tradición local.