O Abella FC volve apostar polo deporte e a solidariedade co evento 'Un neno, un balón'

Este sábado 6 de setembro de 2025, o Abella FC celebrará unha nova edición do evento solidario “Un neno, un balón”, que terá lugar no Instituto Leiras Pulpeiro en horario de 17.00 a 20.00 horas.
A iniciativa, que xa se consolidou en edicións anteriores, ofrecerá unha tarde de diversión para os máis pequenos, con colchonetas inchables, pintacaras e partidos de fútbol xunto cos equipos actuais do club. Ademais, todos os nenos e nenas inscritos poderán gozar dunha merenda gratuíta.
Un dos grandes atractivos da xornada será o sorteo de 100 balóns e 100 camisetas entre os asistentes. Tamén está confirmada a presenza das populares mascotas Máximus e Nabic, e agárdase poder contar con xogadores do CD Lugo, pendente da confirmación do seu calendario.
O obxectivo principal desta cita é recaudar fondos para apoiar a mocidade do barrio, de maneira que poidan formalizar a súa matrícula no equipo e participar en adestramentos e competicións coa equipación deportiva completa, sen que o factor económico sexa unha barreira.
Con un aforo limitado a 130 participantes, as inscricións xa están abertas e espérase unha gran acollida da comunidade.