O Abella Fútbol Sala organiza unha xornada solidaria en Lugo para a cativada

LugoXa
O club organiza a iniciativa solidaria Un niño, un balón o vindeiro 7 de setembro na praza do Castiñeiro
balon-de-futbol
Foto recurso
15 Ago 2024

O Abella Fútbol Sala organiza a iniciativa solidaria Un niño, un balón o vindeiro 7 de setembro na praza do Castiñeiro. Co obxectivo de achegar o xogo e o deporte, o club, que está en 2º autonómica organiza unha xornada dirixida á cativada na que haberá colchonetas, monitor infantil, merenda e tamén sorteos.

Os interesados en participar nesta proposta, que se organiza en horario de 17.00 a 20.00 horas, poden inscribirse a través do correo do equipo, no abellafc2018@gmail.com. O aforo está fixado nuns  200 nenos  e nenas e contará coa presenza de Maximus. No caso de choiva trasladan o evento ao pavillón do instituto Leiras Pulpeiro.

un niño un balón abella futbol sala
0.10432410240173