O Abella Fútbol Sala traslada a súa xornada solidaria en Lugo pola metereoloxía

LugoXa
O club organiza a iniciativa solidaria Un niño, un balón este sábado 7 de setembro
balon-de-futbol
Foto recurso
5 sep 2024

O Abella Fútbol Sala organiza a iniciativa solidaria Un niño, un balón este mesmo sábado 7 de setembro. A cita, que inicialmente ía celebrarse na praza do Castiñeiro, cambia de localización e finalmente terá lugar no pavillón do instituto Leiras Pulpeiro ante as previsións de choivas na xornada.

Co obxectivo de achegar o xogo e o deporte, o club, que está en 2º autonómica organiza unha xornada dirixida á cativada na que haberá colchonetas, monitor infantil, merenda e tamén sorteos. Os interesados en participar nesta proposta, que se organiza en horario de 17.00 a 20.00 horas, poden inscribirse a través do correo do equipo, no abellafc2018@gmail.com. O aforo está fixado nuns 200 nenos  e nenas e contará coa presenza de Maximus.

un niño un balón abella futbol sala
0.19463706016541