O ADC Sagrado Corazón organiza o Torneo Semana Santa-Trofeo Lugo Express con 700 deportistas
O II Torneo Semana Santa – Trofeo Lugo Express terá lugar na cidade amurallada os días 11 e 12 de abril. Esta cita organizada por ADC Sagrado Corazón reunindo 48 equipos e preto de 700 nenos e nenas de toda Galicia. Esta cita de fútbol sala base está orientada as categorías prebenxamín, benxamín e alevín.
O Concello de Lugo colabora novamente nesta iniciativa, poñendo a disposición da organización os campos municipais José María Rodríguez Lago (As Gándaras). Esta edición do Torneo contará con 48 equipos participantes e reunirá a preto de 700 xogadores. O edil destacou o traballo da organización que “se implicou ata conseguir un alto nivel competitivo, e grazas a isto contaremos na nosa cidade coa presenza de moitas das mellores canteiras galegas de fútbol, que aceptaron a invitación para participar no evento”.
O II Torneo Semana Santa – Trofeo Lugo Express, disputarase o 11 y 12 de abril, está autorizado pola RFGF, e disputarase en dous días: o luns 11 de abril, xogarán as categorías Benxamín e Alevín e o martes 12 de abril, a categoría Prebenxamín. Repetto, agradeceu o "traballo espectacular" que está a levar a cabo o ADC Sagrado Corazón. Así mesmo, reiterou o compromiso de colaboración co deporte do Goberno de Lara Méndez.
A organización pola súa banda quixo “agradecer a implicación do Concello de Lugo co club, para poder celebrar un torneo desta magnitude”.