O alcalde de Palas de Rei di que as obras da autovía A-54 afectaron a varias vías municipais

LugoXa
Avanzan as obras de instalación dos diferentes xogos no parque infantil cuberto de Palas de Rei, situado na zona escolar.
1 Mar 2024

O Concello de Palas de Rei remitirá ó Ministerio de Fomento unha solicitude para a reparación de varias vías municipais afectadas polas obras da autovía A-54. Neste caso e segundo informa o alcalde, Pablo Taboada, os danos afectaron ós accesos a varios núcleos de poboación nos lugares de Belouchada, A Ulloa e Andemil, así como, no lugar de San Pedro de Meixide. Tamén se viron afectados outros lugares en Vilar de Remonde, Remonde, O Coto, Vacariza e a Florida. Todas estas vías, presentan danos importantes como consecuencia da execución da autovía Lugo-Santiago e dende o Concello comunícase ó Ministerio de Fomento para que procedan a execución da reparación das mesmas, no tramo Palas-Melide da Autovía A-54.

O Concello, tamén, dirixirá un escrito a Deputación Provincial de Lugo para que exercite os seus dereitos polo deterioro da vía Coto-Pedraza como consecuencia das obras da Autovía.

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, comunicará ó ministerio a problemática dos veciños de Vilar de Remonde coa traída de augas veciñal que se atopa sen servizo como consecuencia das obras da autovía. Neste caso, o alcalde, Pablo Taboada, matizou que a traída non é municipal polo que solicitará a Fomento que se atendan as peticións dos veciños de Vilar de Remonde.

0.13518095016479