O alcalde de Castro de Rei analiza varios investimentos co delegado da Xunta

LugoXa | TerraChaXa
Entre os máis recentes figura a concesión de 23.800 euros para acometer melloras no parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea
reunion-javier-arias-francisco-balado
13 Jun 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, para abordar distintas iniciativas de interese para o concello.

Entre as máis recentes figura a concesión de 23.800 euros para acometer melloras no parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea, a través da orde de axudas da Consellería de Economía e Industria para modernizar as infraestruturas dos polígonos galegos. Os investimentos servirán para renovar a sinalización horizontal do parque e para mellorar a xestión de residuos neste espazo.

Arias trasladoulle ao rexedor a vontade do Goberno galego de seguir traballando conxuntamente no desenvolvemento de proxectos co fin de garantir o benestar dos veciños e veciñas do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.16511201858521