O alcalde de Castro de Rei reúnese co delegado da Xunta para tratar varios proxectos
TerraChaXa | LugoXa
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, para valorar a colaboración entre ámbalas dúas administracións no desenvolvemento de proxectos conxuntos no municipio.
10 May 2024

Arias destacou a cooperación da Xunta cos concellos, especialmente os rurais e de menor poboación, para ofrecer servizos e dotacións á veciñanza e equilibrar as condicións de vida e de traballo en todo o territorio.