O alcalde de Friol presenta a súa lista electoral para os comicios de maio

TerraChaXa | LugoXa
José Ángel Santos presenta unha candidatura xoven en con experiencia para continuar gobernando o concello de Friol.
pp friol jose angel santos
28 Abr 2023

O actual alcalde de Friol, José Ángel Santos, nacido en Friol no ano 1980 e veciño da parroquia de Nodar, é técnico capataz agrícola, gandeiro de profesión e titular dunha explotación de produción de leite. Volverá encabezar a lista do Partido Popular nas próximas eleccións municipais para revalidar o seu mandato despois de 8 anos de goberno.

José Á. Santos leva 16 anos dedicado ó servizo dos veciños de Friol a través do seu desempeño no Concello de Friol: concelleiro desde o ano 2007, primeiro como delegado de Medio Rural, logo como delegado de Obras e exercendo como Tenente de Alcalde desde 2012 ata 2015, cando pasou a encabezar a lista do Partido Popular nas eleccións do 2015.

Despois de 8 anos como alcalde de Friol, Santos volve encabezar a lista popular pensada para xestionar e gobernar Friol segundo comenta “unha xestión pública moderna e adaptada aos novos tempos, unha maneira de facer política por e para os veciños”, composta por 21 veciños e veciñas de diferentes idades e profesións, e que representan a maioría do territorio municipal.

“Prometemos unha xestión na mesma liña do que estamos a facer nos últimos anos, pois vemos que está a dar bos resultados para o noso pobo, así que seguiremos loitando por aquelo que nos pertence, mantendo os mesmos principios de xestión pública polo que se nos caracteriza e que tivemos desde o primeiro día de goberno”.

Unha candidatura renovada e con experiencia formada por un grupo de xente moza que afronta este novo reto con ilusión, e tamén por xente xa con experiencia de goberno despois de tantos anos á fronte do Concello, que continuarán poñendo o seu empeño para que Friol siga avanzando e modernizándose, confirmándose como un pobo con futuro e de referencia en Galicia.

“Somos un dos concellos mellor saneados da provincia, e logramos situar a Friol no centro do mapa da nosa comunidade. Continuar co desenvolvemento do parque empresarial, o apoio o sector primario, os diferentes plans de emprego que desde o Concello xestionamos e o apoio os autónomos permitiu o asentamento de tecido empresarial no noso municipio”.

No programa electoral, no que se pasa revista dos principais logros da última lexislatura, presenta o seu Plan 2023 - 2027 con propostas que miran ao futuro de Friol, continuando o labor dos últimos anos de Goberno:

  • Modernización do noso rural
  • Manter unha economía saneada como ata o de agora
  • Apoiar o sector primario
  • Continuar asentado poboación, un dos obxectivos prioritarios
  • Manter e ampliar os servizos básicos
  • Xestións co sector privado para continuar atraendo tecido empresarial
  • Loitar contra o desemprego
  • Converteremos a Friol no concello coas maiores prestacións sociais e residenciais de Galicia
  • Apoiar a xuventude a promoción da cultura e do deporte

Precisamente apoiado no éxito da actual xestión, José Á. Santos xunto cos demais membros da súa candidatura esperan poder volver gañar a confianza da maioría dos veciños e veciñas de Friol, apelando o traballo ben feito e polos resultados obtidos nestes últimos anos de goberno.

Ademais de Santos, integran la lista, por este orde, María de los Ángeles Buján, enxeñeira forestal de Friol e actual Delegada da Alcaldía desde o ano 2019; Enrique Barreiro, empresario e actual Concelleiro e Delegado de emerxencias; Jesús Cortiña, actual Concelleiro de Obras e Feiras; Nuria Vázquez, técnico superior de Administración y Finanzas de Transmonte e concelleira desde o 2019; Felipe Barata, Director de CPI Doutor López Suárez de Friol; Juan Carlos Casal, enxeñeiro agrícola de San Cibrao e Concelleiro desde o 2011; María Ángela Pilar López, docente de Friol e concelleira na actualidade; Juan Ramón Varela, gandeiro e concelleiro desde o 2019; Nerea Campo, técnico sociosanitario e Concelleira e pechado a candidatura Cristina Viador Enxeñeira Técnica Agrícola
Enxeñeira Agrónoma e Xefa da oficina Agraria Comarcal de Friol.

Serán suplentes, Rebeca Corral, veterinaria de Friol Cristina Prieto, David Longarela, Felipe López, Rocío García, Nerea Cobas, Aurelio Pena, Iria Penas, Álvaro Castedo e Esther Barreiro.

0.18153095245361