O alcalde de Lugo analiza co Goberno central a implantación do billete único en España para 2026

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, coñeceu o traballo que o Ministerio de Transportes do Goberno Central está a realizar para a futura implantación do billete único nas urbes españolas de cara a 2026.
O rexedor municipal mantivo unha reunión coa secretaria xeral de Movilidad Sostenible, Sara Hernández del Olmo, quen lle explicou a folla de ruta do departamento que dirixe Óscar Puente para avanzar nesta iniciativa, que xa está implantada noutros países europeos.
O obxectivo do billete único é simplificar o acceso ao transporte público, de forma que un só billete sirva para viaxar en distintos medios por todo o territorio nacional, potenciando estes servizos, cun abono nacional por unha cantidade determinada.
O rexedor municipal explicou ao que analizará a proposta do Ministerio de Transportes e tamén a estudará e valorará coas áreas responsables dentro do Goberno local, aínda que xa adelantou que “se trata dunha iniciativa positiva que impulsa a visión transversal do transporte público en todas as cidades españolas que queiran adherirse e que avanza en aspectos positivos non só para a propia cidade e para os lucenses, senón tamén para favorecer e mellorar a mobilidade do turismo”.
Ademais, trátase dunha medida que está na liña doutras actuacións que estamos a impulsar desde o Concello de Lugo. De feito, a secretaria xeral de Movilidad Sostenible do Ministerio de Transportes se interesou polo proxecto de zona de baixas emisións, moi na liña dos obxectivos e compromisos adquiridos polo departamento e tamén coas metas do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.