O alcalde de Lugo analiza coas persoas representantes do Castiñeiro actuacións para mellorar o barrio

LugoXa
Os representantes veciñais trasladaron preocupacións sobre o mantemento do espazo público, a accesibilidade, a seguridade viaria e a necesidade de mellorar equipamentos
representantes-de-O-Castiñeiro-alcalde-Lugo
17 Jun 2025

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo unha reunión na Casa do Concello con representantes da asociación de veciños do Castiñeiro co obxectivo de coñecer de primeira man as principais demandas da veciñanza e explorar posibles actuacións de mellora no barrio.

Durante o encontro, que transcorreu nun ambiente cordial e de colaboración, os representantes veciñais trasladaron preocupacións vinculadas ao mantemento do espazo público, a accesibilidade, a seguridade viaria e a necesidade de mellorar algúns equipamentos existentes.

“Manter un contacto directo cos barrios é fundamental para planificar un Lugo que atenda ás verdadeiras necesidades da súa xente”, subliñou Miguel Fernández, quen tamén expresou o seu agradecemento á asociación polo seu compromiso co ben común e polo traballo constante en favor da calidade de vida da contorna.

O alcalde comprometeuse a estudar con detalle as propostas presentadas coa intención de incorporalas á planificación municipal e darlles resposta progresivamente, atendendo ás posibilidades técnicas e orzamentarias.

⚙ Configurar cookies
0.16661596298218